Writer 02: Imaxes

Descarga esta imaxe, consulta o videotitorial para inserila nun documento de Writer e modifica as súas dimensións para que teña unha anchura de 5 cm (sen deformarse!). A continuación, describe o que ves na imaxe e fai que esta se sitúe pegada á marxe esquerda do documento rodeada polo texto.

Os metais

Tedes que constituír 5 grupos dentro da clase. Cada un dos grupos buscará información e elaborará un traballo sobre un metal en particular (realizarei a asignación por sorteo). Finalmente, os membros do grupo realizarán a exposición do seu traballo para toda a clase empregando o formato que escollan. Unha pequena axuda.

Contido do traballo:

  1. Nome do metal
  2. A partir de que mineral/minerais se obtén e mediante que proceso
  3. Cales son as propiedades específicas do metal
  4. Cales son as principais aplicacións (imaxes)
  5. Cales son as aliaxes ás que dá lugar.


Photo credit: kittyela from morguefile.com

O mundo á noite: pon o teu punto no mapa

Un ano máis está en marcha Globe at Night, un proxecto colaborativo sobre contaminación lumínica a nivel mundial. Participar é moi sinxelo. Observa a constelación de Orión a simple vista e compara as túas observacións cos mapas estelares que atoparás nesta páxina.

globe_at_night

Esta primeira fase estará aberta ate o 12 de Xaneiro (avisarei das seguintes). Pon o teu punto no mapa!!!

mapa