Blog de Jorge Cao

Gustaríame referenciar un novo blog que funciona dende hai aproximadamente un mes. Trátase do espazo de Jorge Cao, profesor de Plástica en Pastoriza.

Nesta web recóllese o marabilloso traballo que dentro desta materia están a desenvolver xs alumnxs dos diferentes grupos. Ademais atoparás propostas moi interesantes en relación a contidos da área. Parabéns!!!

AVISO

O mércores día 11 non poderei abrir o taller no primeiro recreo porque teño exame na aula de informática c@s alum@s de 4ºACD. O resto de días, manteño o horario publicado.

importante

Mecanismos

Se queres descargar a unidade de MECANISMOS, fai clic aquí. Non contén os exercicios (xa tes os enunciados nos boletíns que entrego en clase) nin a parte de transformación do movemento, que veremos máis adiante.

engrenaxes02