Blog de Jorge Cao

Gustaríame referenciar un novo blog que funciona dende hai aproximadamente un mes. Trátase do espazo de Jorge Cao, profesor de Plástica en Pastoriza.

Nesta web recóllese o marabilloso traballo que dentro desta materia están a desenvolver xs alumnxs dos diferentes grupos. Ademais atoparás propostas moi interesantes en relación a contidos da área. Parabéns!!!

Programa de radio con Spreaker

Crea o teu programa de radio con Spreaker. Requisitos:

ScreenHunter_04 Mar. 11 09.20

  • Debe ter unha duración de entre 3 e 4 minutos.
  • Debe incluír como mínimo unha canción (ollo coas licenzas!!!).
  • Debe incluír como mínimo dous efectos.
  • Debe incluír voz:
    • a túa voz
    • xerada cun sistetizador de voz como VozMe.
  • A temática é libre: programa de deportes, anuncio, entrevista, novas, programa de música, capítulo dunha serie de terror, programa de humor, novas do instituto,… ti elixes pero o resultado debe ter un fío argumental e incluír a palabra XAROPE.

Informática: melloras en Arkanoid

Incorpora as seguintes melloras no teu xogo:

  • Emprega a acción Set score para poñer un marcador. Os ladrillos da capa superior teñen un valor de 1 punto e os da capa inferior, 2 puntos.
  • Se a bola cae da plataforma, o xogo comprobará o marcador. Se hai como mínimo 30 puntos, restará 30 puntos e restaurará  a habitación (non o xogo!). Se no marcador hai menos de 30 puntos, remata a partida coa mensaxe “Perdiches”.
  • Ao rematar a partida, debe aparecer a táboa das mellores puntuacións.

Informática: Arkanoid

Crea un videoxogo tipo arkanoid cos seguintes requisitos:

  • Cada ladrillo cambia de sprite coa primeira colisión e desaparece tras a segunda.
  • A plataforma pode moverse á esquerda e á dereita mediante os cursores.
  • Cando a bola impacta cun ladrillo, escóitase un son.
  • Se a bola toca o borde inferior da pantalla, pérdese a partida pero unha mensaxe dá a oportunidade de xogar de novo.
  • Se todos os ladrillos son destruídos, aparece unha mensaxe que lle indica ao xogador que gañou.

captura275