GoAnimate 2

Se xa remataches a práctica anterior, tócache crear unha historia de amor. Escolle escenario, personaxes e cumpre os requisitos:

  1. A historia debe ser coherente
  2. Como mínimo debe ter dous personaxes
  3. Debe incluír un mínimo de seis escenas con voz (tamén pode incluír escenas sen voz a maiores)
  4. Debe incluír música de fondo en todas ou algunha das escenas
  5. Debe incluír como mínimo un obxecto que un dos personaxes debe soster na man nalgunha escena
  6. Debe incluír como mínimo un efecto
  7. Cando remates, incrusta o GoAnimate no teu blog e ponlle como título GoAnimate 2

Lembra que un vídeo gardado pode ser editado de novo!!!

Prácticas con GoAnimate

Realiza a túa primeira práctica con GoAnimate. A acción debe suceder nunha illa pero ti escolles personaxes, música, historia (ben fiada!), obxectos,… Gárdaa e publícaa no teu blog co título GoAnimate 1. Lembra que unha vez gardada, podes editar e modificar outro día.

Edición de vídeo (III): proba03

Continuamos co editor de vídeo de YouTube.

  1. Fai clic no xestor de vídeos e abre o despregable que aparece xunto do vídeo proba02 (proba01 + as modificacións feitas con vibop)
  2. Escolle a opción Melloras
  3. Selecciona unha das posibles opcións e no botón Gardar, fai clic en Gardar como (para non perder o vídeo orixinal)
  4. Regresa ao xestor de vídeos e fai clic en editar ao lado da copia xerada para cambiarlle o nome por proba03
  5. De novo no despregable, escolle a opción Anotacións e fai clic en Engadir anotación-Título
  6. Escribe un título para o teu vídeo e usa a liña temporal para situalo onde desexes e controlar a súa duración
  7. Fai clic en Publicar e incrusta o vídeo no teu blog co título Proba 03

Edición de vídeo (II): proba02

Moitas das ferramentas de autor que eran compatibles con YouTube seguen funcionando e seguen sendo compatibles pero YouTube eliminou a pasarela que permitía a comunicación con elas dende o propio xestor de vídeos, polo que terás que entrar dende a páxina propia de cada ferramenta. Antes diso, instala en Mozilla o complemento Flash and Video Download que che permitirá descargar calquera vídeo de YouTube e calquera elemento flash da páxina na que te atopes.

  1. Descarga o vídeo do exercicio anterior no teu ordenador
  2. Entra en Vibop
  3. Sube o vídeo ao editor
  4. Engade unha introdución
  5. Engade un efecto
  6. Publica na túa conta de YouTube o resultado
  7. Incrusta o vídeo no teu blog co título Proba 02

Clases de apoio

Como vén sendo habitual, este ano tamén impartirei clases de apoio de Tecnoloxía para a parte científico-técnica da proba de acceso a FP de grao medio. Comezaremos á volta das vacacións e serán durante os recreos (xa vos informarei dos días e das horas por se queredes asistir). Repasaremos exames de convocatorias anteriores e aprenderemos a respostar un exame tipo test onde os erros restan puntos 🙂

Cultura e Educación abre este luns 28 o prazo de inscrición para as probas de ac

Edición de audio: programa de radio con Spreaker

Emprega Spreaker para crear un programa de radio cos seguintes requisitos:


Photo credit: pjhudson from morguefile.com

  • Debe ter unha duración de entre 5 e 6 minutos
  • Debe incluír como mínimo unha canción (ollo coas licenzas!!!)
  • Debe incluír como mínimo dous efectos
  • Debe incluír voz
    • a vosa voz
    • xerada cun sistetizador de voz como VozMe
  • A temática é libre: programa de deportes, anuncio, entrevista, novas, programa de música, capítulo dunha serie de terror, programa de humor novas do instituto,… ti elixes pero o resultado debe ter un fío argumental e incluír a palabra XALUNDES.
  • Cando remates, incrusta o podcast no teu blog de aula (pídeme axuda).

Xogo de GameMaker: data de entrega

O día acordado para entregar os xogos de GameMaker era o 19 de Febreiro pero a folga, a celebración do entroido o venres e a charla sobre riscos en internet á que asistirán os alumnos de 4ºA e D o venres 15 de Febreiro fan que a situación sexa a seguinte:captura66

  • 4ºACD: o martes día 19 de Febreiro falaremos dunha nova data de entrega pois todavía se completan as 4 sesións mínimas o día 20 de Febreiro.
  • 4ºB: completa as 4 sesións mínimas asignadas o día 18 de Febreiro polo que sería posible manter a data inicial proposta. Con todo, podemos comentalo o luns día 18 de Febreiro en clase e se é preciso fixar unha nova data (xa que sempre falamos dun mínimo de 4 sesións con posibilidade de usar a aula de informática nos recreos e iso pola miña parte non sería posible ate o martes día 19 de Febreiro).

Deseña e realiza o teu xogo con GameMaker

Utiliza GameMaker para crear un xogo coas seguintes especificacións:

  1. O xogo comeza cunha ventá que indica o nome do xogo e as instrucións para xogar.
  2. Un dos sprites será un triángulo azul creado por ti no editor.
  3. Debe incluír como mínimo un son.
  4. Pode ter ate dúas habitacións.
  5. Ningunha das accións pode provocar erros (ollo co paso de habitación!!!).
  6. Ao rematar o xogo debe preguntar se se quere xogar de novo ou saír.

Tes ate o martes 19 de Febreiro para entregarme o executable: nome_nome.exe

captura24

Xogo creado por Manuel Tato no curso 2011-12

Xogo con GameMaker

Chegou o momento de crear un xogo. Faino coas seguintes especificacións:

  1. O protagonista é un boneco que pode moverse arriba, abaixo, esquerda e dereita.
  2. Debe recoller 10 fresas dentro dun recinto pechado.
  3. Logo de recoller as 10 fresas aparece unha chave e o xogo remata cando a colle.
  4. Non pode atravesar as paredes do muro.
  5. Non pode saír do recinto polo lugar que empregou para entrar. Se tenta facelo, pregúntaselle ao xogador se quere xogar de novo.
  6. A chave non pode verse ate que recolla as 10 fresas.
  7. A chave non pode collerse ate que recolla as 10 fresas.
  8. O xogo comeza cunha ventá informativa.

captura18

O mundo á noite: pon o teu punto no mapa

Un ano máis está en marcha Globe at Night, un proxecto colaborativo sobre contaminación lumínica a nivel mundial. Participar é moi sinxelo. Observa a constelación de Orión a simple vista e compara as túas observacións cos mapas estelares que atoparás nesta páxina.

globe_at_night

Esta primeira fase estará aberta ate o 12 de Xaneiro (avisarei das seguintes). Pon o teu punto no mapa!!!

mapa