Relación de tarefas para Informática

Estas son as entradas (posts) que debe ter o teu blog. Lembra que é necesario publicar cada unha delas co título que indico:

  1. Benvida: preséntate dentro do teu caderno de clase.
  2. Práctica na ventá de comandos: publica unha captura de pantalla (realizada co ScreenHunter) da ventá de comandos na que a cor de fondo sexa negra e a do texto verde.
  3. O editor na ventá de comandos: publica unha captura de pantalla (realizada co ScreenHunter) do editor de texto da ventá de comandos. Deben figurar os nomes das persoas que realizaban a práctica e ollo ao path porque o documento de texto debía crearse no escritorio.
  4. Licenzas Creative Commons: publica unha imaxe de cada unha das seis posibles licenzas Creative Commons e explica coas túas propias palabras en que consiste cada unha delas.
  5. Portos: sube tres imaxes de tres portos diferentes e indica o seu nome.
  6. Periféricos: a entrada debe incorporar unha imaxe de cada tipo de periférico (entrada, saída e entrada/saída) e debes indicar para que sirve cada un (introducir información,…).
  7. CKEditor: emprega o CKEditor para facer unha táboa 2×2 con catro imaxes de dispositivos de memoria. A continuación terás que crear unha entrada no teu blog que incorpore esa táboa.
  8. Non é necesario que escribas un post para isto pero lembra que tes que cambiar o theme do blog e activar os plugins Spam Karma e Daily Stat.
  9. ASCII: escribe unha entrada na que indiques de onde vén o acrónimo ASCII… pero escríbea en ASCII!!!! Terás que usar un tradutor.
  10. Disco duro: crea unha entrada na que apareza incrustado un vídeo onde se vexa o funcionamento dun disco duro.
  11. Memoria flash: insire unha imaxe dunha memoria flash e indica dúas vantaxes e dous inconvenientes deste tipo de dispositivos.
  12. Desfragmentación: explica coas túas propias palabras en que consiste a desfragmentación do disco duro. Se queres, podes acompañar a explicación con imaxes.
  13. Sistema RGB: abre esta imaxe coa aplicación de debuxo de LibreOffice e introduce mediante cadros de texto as coordenadas de cada punto do cubo. Realiza unha captura de pantalla co resultado e publícaa nunha entrada do teu blog. Ollo coas coordenadas!!!
  14. Arquivo xcf: consulta esta ligazón e describe que tipo de arquivo é un xcf.
  15. Imaxes: explica as principais diferenzas entre unha imaxe de mapa de bits e unha imaxe vectorial.
  16. Debuxo vectorial: estes son os planos da estrutura do proxecto de 2º de ESO na primeira avaliación. Están realizados co programa de debuxo de LibreOffice. Tenta reproducilos PERO NON PUBLIQUES UNHA ENTRADA, SIMPLEMENTE AVÍSAME CANDO REMATES.
  17. Morguefile: entra no banco de imaxes de morguefile, busca unha imaxe sobre o outono e crea unha entrada onde apareza esa imaxe recortada e acreditada.
  18. XnView: descarga esta imaxe, fai a corrección de ollos vermellos con XnView e pubícaa nunha entrada.
  19. Inventos: o Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego está adicado este ano a Leonardo da Vinci e Ramón Verea. Busca unha das súas contribucións nestes campos e explica como pensas que cambiou a vida das persoas naquel momento e como evolucionou ate os nosos días.
  20. Escritura especular: escribe un texto empregando a aplicación de escritura especular, realiza unha captura de pantalla e súbea ao teu blog.
  21. Marca de auga: crea a marca de auga samaín, descarga 3 imaxes dende morguefile onde aparezan cabazas (lembra modificar o tamaño), introduce a marca de auga mediante unha conversión por lotes e publica as 3 imaxes coa marca de auga nun post.
  22. PhotoPeach: publica un post no que apareza incrustado un slideshow de PhotoPeach que conte unha historia ben sobre pés e/ou mans, ben sobre o teu paso polo instituto ao longo destes anos. Debe conter un mínimo de 20 fotos e un máximo de 30, acompañadas cada unha delas por un pequeno texto. A montaxe final deberá incorporar música. Lembra que non podes empregar fotos nas que aparezan caras pero podes completar o teu traballo con imaxes obtidas de bancos de imaxes.

Exames de electricidade de 4º de ESO

 O exame do tema de repaso de electricidade terá lugar os seguintes días para cada grupo:

  • 4ºA: luns día 8  de Outubro (ollo coa actualización!!!)
  • 4ºB: xoves día 11 de Outubro
  • 4ºPDC: mércores 10 de Outubro

Lembrade que o exame se realizará nas vosas aulas, non no taller e que é recomendable traer calculadora (o móbil non pode ser empregado como calculadora).