Convertir pdf en doc

convert pdf to word

A pesar de que no departamento de Tecnoloxía xa hai anos que traballamos exclusivamente con OpenOffice, non teño máis remedio que recomendar esta utilísima aplicación que permite a conversión de arquivos .pdf en arquivos .doc e que nos chega a través de genbeta. O paso a .odt é inmediato e agardo que o fagades!!!

Para empregar Convert PDF to Word seleccionade un arquivo .pdf e facede clic no botón Convert and Download.

Sede precavidos e pasade o antivirus a calquer arquivo que descarguedes, a ver se podemos desfacernos por fin dos troianos que nos invaden (consultade o blog de Ana Villar para máis información).

Por certo, o arquivo resultante pesa algo así como 10 veces máis que o orixinal pdf 🙂

Aplicación da semana: Print What You Like

print what you like

Cantas veces atopamos unha páxina que desexamos imprimir pero que contén moitos elementos que non son do noso interese? Con PrintWhatYouLike poderemos editar a páxina e facer as modificacións que consideremos oportunas: eliminar elementos ou grupos de elementos, modificar o tipo e o tamaño de letra, eliminar todas as imaxes cun clic,… Soamente teremos que introducir a URL da páxina e poñernos mans á obra coa edición.

Esta aplicación tan útil vén recomendada desde eco.microsiervos e nos ofrece unha boísima oportunidade de utilizar recursos como a tinta e o papel de maneira responsable 🙂

Unha cama de cartón?

cama carton

A elección dos materiais é un aspecto importantísimo na fabricación dun obxecto pero un deseño adecuado pode resolver problemas asociados ás propiedades do material.
En no puedo creer preséntannos esta cama fabricada en cartón que conserva propiedades deste material como a lixeireza e que soporta o peso dunha persoa.

Combinacións de teclas

ctrl

Seguro que hai carpetas que utilizades con frecuencia e que tedes que abrir a golpe de rato, minimizando en moitas ocasións todas as ventanas abertas para acceder ao Escritorio. Desde genbeta nos propoñen unha maneira alternativa a través de combinacións de teclas:
  1. Creade un acceso directo á carpeta e situádeo por exemplo no Escritorio
  2. A continuación facede clic dereito sobre el e seleccionade Propiedades
  3. Na caixa de Tecla de método abreviado escribide a tecla que servirá para abrir a vosa carpeta (por exemplo i se se trata da carpeta instituto)
  4. A partir de agora poderedes abrir a carpeta instituto facendo CTRL+ALT+i

Funciona tamén para accesos directos a arquivos.

Fotos Polaroid

foto polaroid do outono

Xa hai uns meses que o sitio what’s new informaba acerca dunha aplicación para simular e enviar fotos Polaroid. Con PhotoNotes poderedes crear unha imaxe como a deste post sen máis que:
  • Subir unha imaxe
  • Escoller un modelo
  • Seleccionar unha fonte
  • Elexir unha cor
  • Teclear unha mensaxe de ate 50 caracteres para acompañar á imaxe

A continuación fai unha previsualización e se gostades dela, poderedes enviala á dirección de correo electrónico que indiquedes.

ULPC: Un novo concepto

ultraportatil de HP
ULPC (ultra low-cost PC), minilaptop, subnotebook, ultraportátil, microportátil son algúns dos nomes cos que nos referimos a un novo tipo de ordenadores. Se todavía non existe unha denominación universalmente aceptada é porque este produto é de moi recente creación. Referímonos a equipos que teñen como características fundamentais un moi baixo precio e un moi pequeno tamaño. De forma máis detallada, falamos de portátiles coas seguintes características e prestacións:

  • Pantalla en torno a 8” (en calquer caso, menos de 12”)
  • Peso arredor de 1 kg
  • Conectividade WiFi
  • Ausencia de disco duro con partes móbiles (normalmente presentan memoria flash, que consume menos enerxía e por tanto fai que a batería dure máis e resulta máis silenciosa pois non precisa ventilador)
  • Sistema operativo Linux de serie aínda que normalmente soportan Windows (algúns destes equipos ofrecen a opción de compra con Windows pero isto aumenta o precio)
  • RAM de 512 MB como mínimo (xa hai equipos con 2 GB)
  • Webcam
  • Portos USB
  • Batería de non menos de 3h de duración
  • Precio en torno a 200-300 € (na súa versión máis básica)
A idea orixinal foi da organización OLPC (one laptop per child) que pretendía achegar as novas tecnoloxías a todos os nenos do mundo e especialmente a aqueles que vivían en países en vías de desenvolvento. Presentaron así o XO, un portátil que inicialmente se comercializou por 100 $ e que funcionaba incluso en lugares onde non existía subministro eléctrico.
ultraportatil XO

Nenos e non tan nenos de todo o mundo puxeron os ollos neste equipo que por primeira vez unía as prestacións e precio dun portátil normal ao tamaño dun notebook. Evidentemente, un equipo con pantalla de 7” non resulta cómodo para un traballo diario de varias horas de duración e iso sen falar dun teclado de reducidas dimensións no que cada dedo dun adulto “ocupa” máis dunha tecla 🙂 Con todo, resulta unha opción moi apetecible para aqueles que teñen que desprazarse cada día cargando cun equipo de máis de 2 kg de peso.

A empresa informática Asus, consciente do potencial destes portátiles como segundo equipo para usuarios que xa dispoñen dun ordenador de maiores prestacións, lanzou ao mercado o Eee PC, que neste pasado Nadal foi o regalo estrela en Estados Unidos e un dos obxectos máis buscados en lugares como Ebay.
ultraportatil de Asus

Á vista do éxito do Eee PC, outras firmas como HP ou a española Airis ultiman os detalles do lanzamento dos seus microportátiles dos que atoparedes información na seguinte ligazón.

ultraportatil de Airis

Actualización: no blog tecnoloxía da ESO podedes atopar máis información acerca dos ultraportátiles e tamén varias ligazóns interesantes.

De cando non existía a asignatura de Tecnoloxía

portada do libro Como hacer juguetes que funcionan

A introdución da asignatura de Tecnoloxía no sistema educativo español é moi recente pero para os que sempre tivemos certas inquietudes, existían cando eu era pequena libros estupendos como os da serie Cómo hacer (todavía teño algún por casa 🙂

Dende a páxina para que no se olviden púxose en marcha un proxecto para preservar moitos daqueles libros que con toda seguridade xa hai anos que están descatalogados. Podedes botarlles un ollo…