E tivemos observación!

A Lúa, a Osa Maior con Mizar e Alcor, Saturno, moitas fotos e un chocolate ben quente para rematar (grazas, María!). Unha xornada preciosa que nos deixou a todxs con ganas de repetir.

Grazas por participar e a Salva Bará (AnB) por facelo posible. Vémonos na seguinte!

DSC_1159

Foto de Loli Blanco

Blog de Jorge Cao

Gustaríame referenciar un novo blog que funciona dende hai aproximadamente un mes. Trátase do espazo de Jorge Cao, profesor de Plástica en Pastoriza.

Nesta web recóllese o marabilloso traballo que dentro desta materia están a desenvolver xs alumnxs dos diferentes grupos. Ademais atoparás propostas moi interesantes en relación a contidos da área. Parabéns!!!

Exame de PICAXE

Tras nove días de prácticas con PICAXE, o luns sumaremos a décima e nos preparamos para o exame. Como xa comentamos en clase, o exame será en dous días:
MARTES 25: Alfonso, Yago, Álvaro S., Elisa, Eliseo, Uxía Veira, Sara e Joel.
VENRES 28: David, Aitor, Uxía Vázquez, Ignacio, Laura, Uxía Gea, Carlos e Álvaro B.

Poderedes escoller exame entre tres niveis de dificultade (e puntuación) tendo que aplicar todo o aprendido en clase para resolvelo. Calificarei a montaxe do circuíto e o programa que fai posible o seu funcionamento.
Avisádeme se queredes practicar máis nalgún recreo.

axe023

Programa de radio con Spreaker

Crea o teu programa de radio con Spreaker. Requisitos:

ScreenHunter_04 Mar. 11 09.20

  • Debe ter unha duración de entre 3 e 4 minutos.
  • Debe incluír como mínimo unha canción (ollo coas licenzas!!!).
  • Debe incluír como mínimo dous efectos.
  • Debe incluír voz:
    • a túa voz
    • xerada cun sistetizador de voz como VozMe.
  • A temática é libre: programa de deportes, anuncio, entrevista, novas, programa de música, capítulo dunha serie de terror, programa de humor, novas do instituto,… ti elixes pero o resultado debe ter un fío argumental e incluír a palabra XAROPE.