Gimp X: Ensaio de exame

Obtén este resultado a partir das imaxes proporcionadas. Instrucións:

captura249

  1. O resultado final debe ter catro capas: orixinal (imaxe do televisor sen retocar), borrada (imaxe do televisor coa pantalla borrada), cara (imaxe da cara co cambio de tamaño e de cor de ollos), texto (texto Smart TV).
  2. O resultado final debe ser visible sen ocultar capas.
  3. Trata de obter un resultado o máis parecido posible ao modelo.
  4. Garda o resultado como apelido_nome.xcf e súbeo a EdModo dentro da entrada correspondente.

Imaxes: televisor, cara.

Gimp VIII: Perspectiva

Emprega estas dúas imaxes

 eiffel6        open book

para realizar a seguinte montaxe na que deberás empregar as ferramentas que xa coñeces e ademais, a ferramenta de perspectiva en dirección normal. Ao final deberás ter 3 capas: unha coa montaxe final (nome resultado), unha co libro borrado (nome libro) e unha coa imaxe do libro orixinal (nome orixinal). Garda o exercicio como apelido_nome.xcf

captura243

Gimp VII: Exercicio tipo exame

Emprega estas imaxes

kit_pizarra_infantil           936858_527248940645312_1257418912_n

para facer a seguinte composición. Na captura de pantalla tamén collín a ventá de capas para que vexas que o nome asignado a cada capa. Podes empregar as seguintes ferramentas: emborronado, recheo, recolle-cor, escalado, mover e as diferentes formas de selección. Pregúntame as túas dúbidas.

captura238

Gimp VI: Dar cor

Abre esta imaxe en Gimp, duplica a capa e selecciona a chaqueta empregando o zoom (podes utilizar a máscara rápida).

Vai a Cores-Dar cor e xoga co tono, a saturación e a luminosidade para conseguir un resultado similar

captura237                   captura236

Para dar cor a unha imaxe en branco e negro, debe ser unha imaxe RGB desaturada. Podes partir dunha imaxe a cor e no menú Cores, escoller a opción Desaturar.