Gimp VIII: Perspectiva

Emprega estas dúas imaxes

 eiffel6        open book

para realizar a seguinte montaxe na que deberás empregar as ferramentas que xa coñeces e ademais, a ferramenta de perspectiva en dirección normal. Ao final deberás ter 3 capas: unha coa montaxe final (nome resultado), unha co libro borrado (nome libro) e unha coa imaxe do libro orixinal (nome orixinal). Garda o exercicio como apelido_nome.xcf

captura243

Exame de Sistemas Operativos

Para acceder ao exame

  • fai clic aquí se estás en 4ºB
  • fai clic aquí se estás en 4ºACD

Terás que rexistrarte: apelido apelido nome (non empregues nin comas, nin acentos nin maiúsculas). Introduce o contrasinal de acceso (proporcionareicho en clase o día do exame, claro!). Realiza o test e fai clic en Submit ao rematar.

captura200

Mecanismos

Se queres descargar a unidade de MECANISMOS, fai clic aquí. Non contén os exercicios (xa tes os enunciados nos boletíns que entrego en clase) nin a parte de transformación do movemento, que veremos máis adiante.

engrenaxes02