Gif animado dun vídeo

 Queres facer un gif animado a partir dun vídeo de YouTube?

Escribe gif entre “www.” e “youtube” na URL do vídeo e dálle a ir (ou pulsa enter). Serás redirixido ao editor da web gifyoutube. Escolle o instante do vídeo no que queres comezar o gif e establece a duración (ate 10 s). Fai clic en Create gif e listo!

A imaxe destacada que podes ver neste post está realizada en gifyoutube. Por certo, pertence a un vídeo da canle de Museum of Obsolete Objects, onde podes atopar vídeos acerca do funcionamento de obxectos que xa non usamos.

Convierte cualquier vídeo de YouTube en un GIF animado añadiendo “gif” a la URL.

Distribución da aula

Se xa empezaches a pensar no vindeiro curso e andas a darlle voltas á distribución da aula, esta ligazón interésache. Escolle o número de alumnos que terás en clase e valora as diferentes opcións que che propón ClassroomDeskArrangement para distribuír as mesas.

Murally

Continuamos traballando na publicación de contidos de diferentes maneiras e nesta ocasión empregaremos murally para realizar a seguinte tarefa. En que consiste? Terás que ver o videotitorial que vén a continuación…

Publica a tarefa co título Murally.

Storybird

Na seguinte práctica tes que escribir un conto infantil empregando storybird.

Requisitos:

  • Debe ter unha portada
  • Debe ter un fío argumental
  • Debe ser de invención propia
  • Incluirá un mínimo de 10 páxinas, todas elas con ilustracións
  • Publica o resultado no teu blog facendo unha captura de pantalla e asociándolle a URL correspondente
  • O título da entrada será Storybird

PhotoPeach

Hoxe tivemos sesión de fotos en clase de informática de 4ºACD. Os temas: pés e mans ou ben o teu paso polo instituto ao longo destes anos (xa estás en 4º!). Terás que elaborar un slideshow (xa che darei indicacións) pero mentres tanto podes ir seleccionando fotos de entre todas as de hoxe. Boa fin de semana!

PhotoPeach on PhotoPeach