E ti que les?

Desde o 20 de Novembro ate o día 17 de Decembro a nosa biblioteca acolle o proxecto E ti que les? realizado e cedido pola Biblioteca do IES de Sabón. Parabéns ás responsables da organización no noso centro e por suposto aos compañeiros de Sabón por un traballo tan interesante.

Día da muiñeira en Pastoriza

Os departamentos de Educación Física e Normalización Lingüística organizaron este colorido día da muiñeira, actividade na que participaron máis de 100 alumnos do noso centro. A foto está tomada desde a aula de plástica situada no 2º andar do instituto (gracias Mª José!). Noraboa a todos os participantes e ás organizadoras!!!

Dardos

María Loureiro, profesora de tecnoloxía e autora do imprescindible blog tecnoloxia.org concédeme un premio en forma de dardo. Ademais de facerlle chegar o meu agradecemento e de acordo coas regras ás que obedece este premio

dardosvoulles enviar un dardo aos seguintes blogs:

  • Tecnoloxía: blog de Ana Villar, a miña insubstituíble compañeira de Tecnoloxía
  • Radio Furoca: blog da emisora de radio que ameniza os nosos recreos
  • Lagarto Dixital: o ar mudou de rumbo varias veces nos últimos anos pero o arrecendo de magnolia nunca marchou de Pastoriza 🙂
  • Astronomía na beirarrúa: blog que nos achega a astronomía converténdoa nunha festa veciñal

Premios a recursos educativos para a sociedade da información

Pensei que xa escribira o último post do 2008 pero a veces recibimos sorpresas inesperadas e a min chegoume unha en forma de correo electrónico :-)O pasado venres día 19 recibín a nova de que ao Blog de Tecnoloxía lle fora concedido o terceiro premio na modalidade de Materiais Curriculares Web dentro da convocatoria dos Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información. Estou moi contenta e quería compartilo con tod@s vós.

Aínda a risco de parecer que me acaban de entregar un Oscar 🙂 vou aproveitar a ocasión para dar as gracias a todos os que ledes o Blog de Tecnoloxía pero en especial aos meus alumn@s. Vós sodes o motivo polo que comecei co blog aló no ano 2004. O meu agradecemento tamén aos compañeiros que fan do IES de Pastoriza un lugar tan especial, en particular ás miñas compañeiras de departamento, Ana e Elena, coas que disfruto tanto traballando e das que tanto aprendo. Por último quería agradecer ás persoas que me deron o empurrón que me faltaba para presentar o blog a esta convocatoria 🙂 Gracias a tod@s!!!!!!!!!!!!!!!

Remato facendo chegar os meus parabéns aos demais gañadores. Noraboa!!!!!!!!!