CKEditor

Consulta o videotitorial e realiza a tarefa en CKEditor.

Debes colgar no teu blog unha entrada que leve por título CKEditor. O contido será o teu horario de clase realizado co CKEditor e cos seguintes requisitos:

  1. Terá o formato dunha táboa
  2. Cada asignatura aparecerá cunha cor diferente
  3. Os días da semana estarán en maiúsculas e negrita
  4. As horas estarán en negrita
  5. Todos os textos aparecerán centrados vertical e horizontalmente

Murally

Continuamos traballando na publicación de contidos de diferentes maneiras e nesta ocasión empregaremos murally para realizar a seguinte tarefa. En que consiste? Terás que ver o videotitorial que vén a continuación…

Publica a tarefa co título Murally.

GoAnimate 2

Se xa remataches a práctica anterior, tócache crear unha historia de amor. Escolle escenario, personaxes e cumpre os requisitos:

  1. A historia debe ser coherente
  2. Como mínimo debe ter dous personaxes
  3. Debe incluír un mínimo de seis escenas con voz (tamén pode incluír escenas sen voz a maiores)
  4. Debe incluír música de fondo en todas ou algunha das escenas
  5. Debe incluír como mínimo un obxecto que un dos personaxes debe soster na man nalgunha escena
  6. Debe incluír como mínimo un efecto
  7. Cando remates, incrusta o GoAnimate no teu blog e ponlle como título GoAnimate 2

Lembra que un vídeo gardado pode ser editado de novo!!!

Prácticas con GoAnimate

Realiza a túa primeira práctica con GoAnimate. A acción debe suceder nunha illa pero ti escolles personaxes, música, historia (ben fiada!), obxectos,… Gárdaa e publícaa no teu blog co título GoAnimate 1. Lembra que unha vez gardada, podes editar e modificar outro día.

Edición de vídeo (III): proba03

Continuamos co editor de vídeo de YouTube.

  1. Fai clic no xestor de vídeos e abre o despregable que aparece xunto do vídeo proba02 (proba01 + as modificacións feitas con vibop)
  2. Escolle a opción Melloras
  3. Selecciona unha das posibles opcións e no botón Gardar, fai clic en Gardar como (para non perder o vídeo orixinal)
  4. Regresa ao xestor de vídeos e fai clic en editar ao lado da copia xerada para cambiarlle o nome por proba03
  5. De novo no despregable, escolle a opción Anotacións e fai clic en Engadir anotación-Título
  6. Escribe un título para o teu vídeo e usa a liña temporal para situalo onde desexes e controlar a súa duración
  7. Fai clic en Publicar e incrusta o vídeo no teu blog co título Proba 03

Edición de vídeo (II): proba02

Moitas das ferramentas de autor que eran compatibles con YouTube seguen funcionando e seguen sendo compatibles pero YouTube eliminou a pasarela que permitía a comunicación con elas dende o propio xestor de vídeos, polo que terás que entrar dende a páxina propia de cada ferramenta. Antes diso, instala en Mozilla o complemento Flash and Video Download que che permitirá descargar calquera vídeo de YouTube e calquera elemento flash da páxina na que te atopes.

  1. Descarga o vídeo do exercicio anterior no teu ordenador
  2. Entra en Vibop
  3. Sube o vídeo ao editor
  4. Engade unha introdución
  5. Engade un efecto
  6. Publica na túa conta de YouTube o resultado
  7. Incrusta o vídeo no teu blog co título Proba 02

PhotoPeach

Hoxe tivemos sesión de fotos en clase de informática de 4ºACD. Os temas: pés e mans ou ben o teu paso polo instituto ao longo destes anos (xa estás en 4º!). Terás que elaborar un slideshow (xa che darei indicacións) pero mentres tanto podes ir seleccionando fotos de entre todas as de hoxe. Boa fin de semana!

PhotoPeach on PhotoPeach