O xogo máis difícil do mundo

¿Sabedes realizar unha busca en internet de forma efectiva? Animádevos a probar o xogo máis difícil do mundo, unha serie de enigmas encadeados para os que contades con google como única ferramenta. Cada nivel vén acompañado de dúas pistas: un texto e unha imaxe. Escribindo a resposta correcta na caixa e premendo no botón Acceder pasaredes ao seguinte nivel.
A resposta debe escribirse en minúsculas, sin tildes e con espacios no caso de ser máis de unha palabra. Sorte!!!

Aplicación da semana: Auditorium

A semana pasada atopei en what’s new un xogo de luz e música chamado Auditorium. O autor deste blog referíase a esta aplicación como unha das experiencias máis relaxantes que tivera en moito tempo e teño que dicir que concordo con el 🙂

En Auditorium teredes que dirixir os feixes de luz para que activen os centros responsables de emitir música. Para comezar, teredes que facer clic na pantalla principal. Disfrutádeo!!!

Aplicación da semana: Hapland

haplandEsta semana propóñovos un xogo de estratexia dos difíciles. Hapland é un clásico que ten segunda, e ate onde eu sei, terceira parte. Pero comecemos polo principio: movede o rato polo escenario na percura de obxectos activos e ideade unha estratexia para acender todos os fachos que se atopan nas entradas da edificación.

Se conseguides o obxectivo, facede unha captura e enviádema!!! Ah, unha vez máis este xogo nos chega a través de tecnotic.

Xogamos a LEGO?

construcion feita con lego

BlockCAD é unha aplicación freeware fácil de manexar e cun montón de posibilidades para deseñar edificios, vehículos, estacións espaciais e todo o que se vos ocurra con bloques de LEGO. Descargádeo aquí
E tamén podedes botarlle un ollo aos deseños doutros usuarios: Galería