Comiqs: Comics online a partir das túas fotos

comiqs en 3 pasos

De novo a través de What’s New chéganos unha interesante proposta. Comiqs é unha aplicación para crear comics a partir de fotos, podendo distribuír as imaxes ao noso gusto e engadir textos e títulos. As fotos poden subirse dende o disco duro ou dende a túa conta de Flickr. Os autores elaboraron un vídeo con instrucións para que ninguén se perda 🙂