Día da Ciencia na Rúa: cúpulas de Leonardo

O vindeiro 5 de maio terá lugar o XXIII Día da Ciencia na Rúa. Nesta ocasión presentamos, entre outras actividades, un proxecto colaborativo de impresión 3D. Queremos construír cúpulas autoportantes de Leonardo a partir das pezas unitarias que aporten todas as persoas que desexen participar.

Anímaste? Só tes que descargar o arquivo e imprimilo. Esperámoste!!!