Gif animado dun vídeo

 Queres facer un gif animado a partir dun vídeo de YouTube?

Escribe gif entre “www.” e “youtube” na URL do vídeo e dálle a ir (ou pulsa enter). Serás redirixido ao editor da web gifyoutube. Escolle o instante do vídeo no que queres comezar o gif e establece a duración (ate 10 s). Fai clic en Create gif e listo!

A imaxe destacada que podes ver neste post está realizada en gifyoutube. Por certo, pertence a un vídeo da canle de Museum of Obsolete Objects, onde podes atopar vídeos acerca do funcionamento de obxectos que xa non usamos.

Convierte cualquier vídeo de YouTube en un GIF animado añadiendo “gif” a la URL.

Papel solar

O pasado curso desfrutamos de numerosas mostras dos traballos realizados polo alumnado en clase de Plástica. Chamoume moito a atención a exposición de raiogramas realizada durante o primeiro trimestre. Diferentes obxectos situados sobre un medio fotosensible bloquean o paso á luz e permiten obter composións preciosas despois dun revelado.

raiograma

Un día, mentres revisaba a tenda Grand Illusions por n-ésima vez, atopei un papel fotosensible que pode revelarse empregando soamente auga do grifo. Así de simple! Déixovos a primeira proba que fixen con este papel solar.

IMG_20140807_182835

Distribución da aula

Se xa empezaches a pensar no vindeiro curso e andas a darlle voltas á distribución da aula, esta ligazón interésache. Escolle o número de alumnos que terás en clase e valora as diferentes opcións que che propón ClassroomDeskArrangement para distribuír as mesas.

Cámara estenopeica

Recentemente vimos como a cámara VIDDY arrasaba en KickStarter. Trátase dun kit para montar a túa propia cámara estenopeica e ten un custo de 30 £ (sobre 38 €).

364d8740731aabfb888af1073eecfb10_large

A cámara estenopeica na súa versión máis simple está formada por unha caixa (por exemplo de cartón) na que non entra luz salvo por un pequeno burato que se practica na parte frontal. Interiormente ten unha superficie fotosensible sobre a que se rexistra a imaxe formada. Como o burato é moi pequeno, normalmente é preciso empregar tempos de exposición altos pero isto pode compensarse con película fotográfica de ISO alta.

Chromebooks no cole

Un chromebook é un ordenador que usa Chrome OS como sistema operativo. Dende a súa presentación en 2011 apareceron no mercado diferentes modelos de Samsung, Acer, Toshiba ou HP entre outros.

Algunhas das súas características:

  • Arrancan en poucos segundos.
  • O software instálase dende a Google Chrome Store e as actualizacións son automáticas.
  • Incorporan todas as utilidades Google.
  • Non precisa antivirus.
  • Non precisa alta capacidade de almacenaxe interna.
  • Boa conectividade, wifi e/ou 3G.
  • Moita autonomía (5, 6,… 8 horas!).
  • Bo prezo.

fan destes dispositivos duros competidores dos iPads en contornos educativos.

Máis en xataka.