Fotos dos proxectos de 4ºA

Este curso, os alumnos de 4º A están desenvolvendo os seguintes proxectos:

  • Ponte levadiza accionada por motor
  • Faro no que o sistema de iluminación está constituído por un conxunto de LEDs
  • Xogo de mesa que funciona con dado electrónico

En todos os casos os dispositivos están controlados por ordenador a través de programas elaborados polos propios alumnos, que tamén realizaron o deseño e construcción de todos os elementos da maqueta e as conexións dos diferentes dispositivos.
Os proxectos aínda non están rematados pero paga a pena ver un adianto. Noraboa polo traballo!!!

Ponte levadiza accionada por motor

proceso de construcion da ponte levadiza01 proceso de construcion da ponte levadiza02
proceso de construcion da ponte levadiza03 proceso de construcion da ponte levadiza04

Faro con LEDs

proceso de construcion do faro01 proceso de construcion do faro02
proceso de construcion do faro03 proceso de construcion do faro04

Xogo de mesa con dado electrónico

proceso de construcion do xogo de mesa01 proceso de construcion do xogo de mesa02
proceso de construcion do xogo de mesa03 proceso de construcion do xogo de mesa04

2º ESO: Mecanismos

frontal da paxina maquinas e mecanismos

O vindeiro martes dareivos as notas do último exame e comezaremos unha unidade nova. Trátase da unidade 5: Mecanismos, e por se tedes curiosidade e queredes ir mirando algo, déixovos un enlace a unha páxina moi boa que utilizaremos en clase (facede clic na foto ou aquí).

Recuperación de PENDENTES

Os alumnos que teñan pendente a asignatura de Tecnoloxía de cursos anteriores poden entregar os traballos de recuperación ate o 1 de Febreiro. Nos días seguintes a esta data, publicaremos a lista de aprobados e a lista de alumnos que deberán realizar o exame de recuperación o día 12 de Febreiro.
En resumo:
  • Data límite para a entrega de traballos: 1 de Febreiro
  • Data do exame de recuperación: 12 de Febreiro

Para resolver calquera dúbida que poidades ter, estarei no taller 1 todos os mércores durante o 1º recreo.

Xogamos a LEGO?

construcion feita con lego

BlockCAD é unha aplicación freeware fácil de manexar e cun montón de posibilidades para deseñar edificios, vehículos, estacións espaciais e todo o que se vos ocurra con bloques de LEGO. Descargádeo aquí
E tamén podedes botarlle un ollo aos deseños doutros usuarios: Galería

Me paso a blogger beta

captura da zona de etiquetas do blog

Blogger oferta a posibilidade de trasladar o blog a Blogger beta, onde entre outras, melloran considerablemente as opcións de configuración do blog. Outra das novidades que ofrece esta nova versión de Blogger é a posibilidade de incluír etiquetas nos posts, que espero vos faciliten a busca de información.

Divulgación: Un truco para probar

Inauguramos unha sección de colaboracións no blog. A primeira delas vén asinada por Diego Sotelo, profesor de Tecnoloxía do CPI de Bembibre.
Hai uns anos atopei este truco de maxia nun libro xuvenil, a explicación de por que funciona esperou uns anos máis. Este é o truco:

Colle unha regra escolar de calquera tamaño, eu para a explicación vou coller unha de 30 cm. Pon as mans separadas máis de 20 cm e menos de 30 cm (este detalle é moi importante como veredes agora) e apoia a regra sobre os dedos índices. Se tes as mans separadas máis de 30 cm a regra caerá ó chan facendo un ruído de plástico roto. Deixa que a regra apoie nos dedos e non a agarres cos polgares.

Ata aquí todo foi colocación agora comeza o truco.

Comeza a xuntar as mans moi a modo. Dá igual cal movas primeiro ou se as moves á vez, o resultado ó final é que podes xuntar as mans sen que caia a regra. Por se fora pouco as dúas mans xúntanse exactamente no centímetro 15 (isto é máis visíbel se a regra é transparente).

A explicación do truco está baseada no rozamento entre o plástico da regra e a man:

Cando xuntes as mans, non controlas cal é a man que se despraza, senón que se vai mover a man que roce menos co plástico (menor rozamento). Curiosamente ese rozamento é maior canto máis preto estamos do medio da regra, así que a man que máis se achega ó medio deixa de avanzar e deixa o movemento á outra man. Isto fai que as mans se acheguen ó centro alternativamente, primeiro se move unha e despois a outra. Pero ningunha é capaz de chegar ó medio.

¿Por que roza máis a man que está preto do centro? Porque o rozamento aumenta co peso da regra e este peso depende de onde teñamos as dúas mans Cando as mans están nos extremos soportan a metade do peso cada unha. Cando unha man está no centro ela soporta o peso completo da regra.